Diego Calvo recalca a importancia de fomentar o deporte base entre a mocidade

ACoruñaXa
O vicepresidente visitou este xoves o Club Silva SD da Coruña onde defendeu a iniciativa da Xunta dos Bonos Deporte
Diego Calvo VisitaClubSilva
26 Xan 2024

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou este xoves o Club Silva SD da Coruña, que conta coas modalidades de fútbol de campo masculino e feminino e de fútbol sala masculino, onde sinalou o imprescindible labor en potenciar as categorías inferiores e inculcar valores á rapazada como a sensibilización sobre a igualdade.

O club, xunto co seu filial Coruña Arcobo CF, suma 700 licenzas distribuídas nun total de 46 equipos de distintas categorías. Diego Calvo destacou o traballo realizado polo club para fomentar o deporte base e puxo en valor que o primeiro equipo senior masculino que compite na 3ª RFEF sexa un dos máis lonxevos esta liga cun total de 11 tempadas consecutivas.

Promoción dos Bonos Deporte da Xunta

Fomentar o deporte base é precisamente un dos obxectivo do Bono Deporte da Xunta, do que poden beneficiarse xogadores de varios dos equipos do Club Silva SD, de entre os 6 a 16 anos que conten coa licenza do club. Poden acollerse ademais á medida nenos e nenas destas idades que participen no programa Xogade.

Esta iniciativa pretende ademais axudar ás familias nos gastos derivados da práctica deportiva, tanto na compra de material como na realización de actividades deportivas. Cada neno ou nena recibe 120 euros para a adquisición de material e equipamento deportivo ou a realización de actividades deportivas, tratándose dun desconto do 80% nos gastos ata chegar a eses 120 euros para cada caso.

A descarga do bono pode realizarse ata o 29 de febreiro desde a web abilitada pola Xunta. Unha vez realizada a solicitude, recibirase un SMS de validación, xa se pode activar e descargar o bono en formato dixital a través dun código QR. O desconto realizarase amosando o código QR no momento do pago nos establecementos comerciais e entidades deportivas ou prestadoras de servizos adheridos á iniciativa, que estarán identificados ademais cun distintivo da campaña. A entidade accede á aplicación que, sobre o importe total, validará e calculará o prezo final co desconto. Deste xeito, a plataforma rexistra e desconta o bono e actualiza o wallet do cliente.

 

0.18034887313843