Diego Calvo acude ao Congreso do PP Europeo en Bucarest (Rumanía)
ACoruñaXa
No marco do encontro, o presidente do PP da Coruña declarou que para el é un auténtico pracer poder estar presente no congreso
7 Mar 2024
O presidente provincial do PP da Coruña, Diego Calvo, atópase no congreso do Partido Popular Europeo (PPE) que se está a celebrar este xoves en Bucarest (Romanía).
No marco do encontro, o presidente do PP da Coruña declarou que para el é un auténtico pracer poder estar presente no congreso. “É un pracer poder representar ao Partido Popular de España e de Galicia, onde se van a fixar un pouco as liñas mestras para os próximos anos e sobre todo estando cos Eurodeputados galegas que están defendendo durante todos estes anos importantes sectores para nós como é a agricultura e como é a pesca”, sinalou Calvo. Xunto a que dende alí seguirán defendendo os intereses dos galegos e das galegas.