Denuncian actos vandálicos na ruta á Fervenza de Verís e piden respecto polo patrimonio natural

ACoruñaXa
O Concello de Irixoa alertou de danos no sendeiro que leva ás fervenzas do río Zarzo, un percorrido moi frecuentado na parroquia de Santa María de Verís
IRIXOA arbore fervenza de veris
7 Mar 2026

O Concello de Irixoa deu a voz de alarma nas últimas horas tras detectar actos de vandalismo na ruta que conduce á Fervenza de Verís. A través das redes sociais, o consistorio difundiu imaxes nas que se aprecia unha árbore cortada e atravesada no camiño, un obstáculo que compromete o paso e pode supor un risco para as persoas que transitan pola zona.

A incidencia afecta a un dos itinerarios naturais máis coñecidos do municipio, o que leva ás fervenzas do río Zarzo na contorna de Verís, un pequeno percorrido circular que atrae visitantes ao longo do ano.

Desde o Concello fan un chamamento á responsabilidade e ao coidado dos espazos públicos, lembrando que se trata dun enclave de interese paisaxístico e de lecer que precisa mantemento e civismo para poder ser gozado en condicións de seguridade.

0.12882304191589