Declaran catro novos focos Enfermidade Hemorráxica Epizoótica nas provincias de Lugo e A Coruña

AMariñaXa | ACoruñaXa
Trátanse de focos localizados nas comarcas veterinarias da Barcala e Ordes, na provincia da Coruña; e da Mariña Central e Mariña Oriental, na de Lugo
Foto-vaca-Union-de-Uniones-ehe-enfermidade-hemorraxica-epizootica
16 Out 2024

A Xunta de Galicia notificou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) a detección de catro novos focos
de Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE). Trátanse de focos localizados nas comarcas veterinarias da Barcala e Ordes, na provincia da Coruña; e da Mariña Central e Mariña Oriental, na de Lugo. Ao tratarse de focos localizados en provincias nas que xa se declarara a enfermidade en 2024, o diagnóstico laboratorial foi realizado exclusivamente polo Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, dependente da Consellería do Medio Rural.

Con esta declaración, neste novo período estacional 2024 de circulación do vector mtransmisor, Galicia ten notificados focos en 43 comarcas veterinarias: 14 na provincia de Ourense (Maceda, A Limia, Ourense, Terra de Celanova, Baixa Limia, Verín, A Gudiña, Terra de Trives, Terra de Caldelas, Viana, Allariz, O Carballiño, Valdeorras e O Ribeiro), 13 na de Lugo (Ancares, Sarria, Terra de Lemos Quiroga, Lugo, A Fonsagrada, Terra Chá- Guitiriz, Chantada, A Ulloa, Terra Chá Castro, Terra Chá-Vilalba, Meira, A Mariña Central e A Mariña Oriental), 7 na provincia de Pontevedra (Pontevedra-O Morrazo, Deza, Tabeirós- Terra de Montes, A Paradanta, O Condado, Baixo Miño e Caldas) e 9 na provincia da Coruña (Teixeiro, Terra de Melide, Santiago, As Pontes, Arzúa, Ortegal, O Sar Barbanza, A Barcala e Ordes). Así, o número de explotacións positivas confirmadas laboratorialmente sitúase en 1.930 e os animais positivos confirmados en 4.667.

0.10732889175415