Curtis saca a concurso público o servizo de recollida e transporte do lixo

ACoruñaXa
O servizo sae a licitación por 2.222.876 euros e a adxudicataria terá a concesión por 5 anos. O prazo para presentar a socicitudes é ata o 6 de marzo
Curtis contenedor marrón
5 Feb 2024

O Concello de Curtis inicia este luns os trámites para contratar a concesión da xestión do servizo de recollida e transporte dos residuos municipais así como a xestión do punto limpo para os próximos 5 anos. Os interesados xa poden presentar a súa oferta a través da Plataforma de Contratación do Sector Público ata o 6 de marzo de 2024.

A concesión sae a concurso para 5 anos sen dereito a prórroga e o precio é de 2.222.876 de euros, según explicou esta mañá o alcalde do Concello de Curtis, Javier Caínzos, quen destacou que a novidade neste contrato recae na implantación do novo contedor marrón (orgánico) nos cascos urbáns de Curtis e Teixeiro tal e como esixe a nova normativa de residuos.

Explica así o alcalde que os restos que se depositen nos contedores marróns levaránse á pranta especializada do polígono industrial de Teixeiro de tratamento de residuos onde serán convertido en compost para empregar como fertilizante natural. “As vantaxes deste proceso son evidentes. Trátase unha aposta máis do goberno local pola reciclaxe” argumentaba este luns o rexedor.

0.12654709815979