Curtis revisa as trampas de velutina repartidas polo municipio
ACoruñaXa
Estanse a revisar as 250 trampas colocadas anos anteriores por todo o termo municipal e cambiando o líquido
19 Abr 2024
O Concello de Curtis continúa coa campaña de minimización do impacto da avespa velutina
Neste sentido, a institución plántalle cara á praga da avespa velutina cunha intensa campaña de trampeo na que Protección Civil e o Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Curtis están a revisar as 250 trampas colocadas anos anteriores por todo o termo municipal e cambiando o líquido.
Dende o Goberno local apuntan que esta trampas, que conteñen un líquido atraente, colocaránse nas zonas onde anos anteriores se detectou a presenza da vespa, así como nas árbores con flor onde acostuman ir e preto das zonas onde se encontran comeas de abellas.