Curtis organiza un curso de mecánica para persoas desempregadas

ACoruñaXa
Os interesados en participar na formación deberán realizar unha proba de selección que será o 3 de abril
Imaxe recuso mecánica
26 Mar 2024

O IES de Curtis acollerá o curso de nivel I 'Operación auxiliares de mantemento en electromecánica de vehículos' destinado para persoas desempregadas.

Os interesados en participar na formación deberán realizar unha proba de selección que será o 3 de abril. Ademais, deben estar inscritos no Servizo Público de Emprego Galego.

No caso de acadar o número necesario persoas, o curso levarase ao cabo do 8 de abril ao 28 de xuño en horario de 15.30 a 21.30 horas. Tamén, incluirá 40 horas de formación en empresa.

Toda persoa que precise obter máis información pode chamar ao teléfono 881 880 620 ou no correo ies.curtis@edu.xunta.gal

 

Cartel curso AFD 2024 (1)_page-0001
0.15929698944092