Curtis organiza en abril unhas xornadas de marcha nórdica

ACoruñaXa
O período de inscrición estará aberto na Casa do Concello en Teixeiro e nas oficinas municipais en Curtis ata o día 3 de abril
Imaxe de marcha nórdica
Imaxe de marcha nórdica
24 mar 2024

A área de Deportes do Concello de Curtis vén de comunicar a celebración dunhas novas xornadas de marcha nórdica no municipio. Trátanse de dúas sesións, unha o 5 de abril e outra o 19 dese mesmo mes a cargo de AMI,  aAsociación de Montañismo e que terán lugar ambas ás 17.30 horas.

A primeira clase terá lugar en Teixeiro e a segunda en Curtis. O número máximo de prazas será de 25. A inscrición é obrigatoria e recolleranse as solicitudes na Casa do Concello en Teixeiro ou nas oficinas municipais en Curtis ata o día 3 de abril.

A concelleira de Deportes, Julia Díez, avanzaba esta mañá: “queremos aumentar a oferta de actividades saudables. O obxectivo desta actividade non só é traballar a resistencia, a forza, a flexibilidade.. senon tamén a ansiedade, a dor crónica… queremos traballar a saúde física pero tamén a mental”.

cartel marcha nórdica