Curtis levará ao pleno unha modificación de crédito de preto de 950.000 euros para melloras no municipio

ACoruñaXa
As actuacións inclúen melloras na rede viaria, ampliación da iluminación pública e adquisición de mobiliario urbano para reforzar a seguridade
Imaxe o Pleno do Concello de Curtis
15 Out 2024

O Goberno local do Concello de Curtis someterá mañá a pleno unha proposta de modificación de crédito por un importe total de 948.325,27 euros. O obxectivo é financiar diversas actuacións que inclúen melloras na rede viaria, adquisición de equipamento, ampliación da iluminación pública e instalación de iluminación LED en todas as instalacións deportivas. Estas accións buscan atender as demandas dos veciños e reforzar servizos básicos e esenciais.

Destaca a asignación para a adquisición de mobiliario urbano nos dous núcleos urbanos, coa intención de mellorar a seguridade viaria dos peóns e conservar as vías recentemente renovadas, evitando o estacionamento en zonas non habilitadas. Outras partidas importantes inclúen a dotación de mobiliario para instalacións culturais, melloras nos locais sociais das áreas rurais, a instalación de puntos de luz en centros deportivos e a ampliación da rede de pluviais, entre outras actuacións previstas.

0.19648194313049