Curtis inaugura a casa-museo da pintora María Antonia Dans

ACoruñaXa
O espazo dedicado á pintora galega María Antonia Dans abriu as súas portas ao público o pasado mes e xullo de 2023, pero as obras totais da casa veñen de ser agora rematadas
Imaxe da inauguración da Casa María Antonia Dans en Curtis
Imaxe da inauguración da Casa María Antonia Dans en Curtis
14 mar 2024

O Concello de Curtis anaugurou este mércores pola tarde a Casa de María Antonia Dans, un C. Trátase da primeira Casa Museo dunha pintora en Galicia, que conta xa con tres edificios: a casa, o estudo onde pintaba e un inmoble intermedio que albergará exposicións doutros artistas. As instalacións contarán tamén cunha mostra permanente da artista con fondos do Concello de Curtis, doazóns e obras cedidas por particulares.

Ao acto de inauguración acudiron o presidente da Xunta de Galicia, Afonso Rueda, acompañado do diputado da Deputación da Coruña José Ramón Rioboo, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez o alcalde do municipio, Javier Caínzos e demais autoridades. Aínda que o museo abreu as súas portas no mes de xullo de 2023 as obras totais da casa (tanto en interior como en exterior) veñen de ser agora rematadas.

María Antonia Dans é todo un referente no neoexpresionismo do século XX, onde destacan as súas paisaxes, nas que o rural xoga un papel fundamental. É, ademais, unha das grandes artistas galegas das últimas décadas, sempre cunha visión comprometida á hora de derrubar muros en materia de desigualdade. Nas súas obras sempre reflectía o retrato da Galicia rural da súa época a través dun traballo minucioso e descritivo.

As actuacións supuxeron un orzamento de 449.248,80 euros, dos cales a Consellería de Cultura financiou 250.000 euros e o restante a través de fondos municipais. A Deputación da Coruña colaborou na adquisición do inmoble e nas primeiras obras de rehabilitación, que agora se completan a través da musealización desta casa, que garda un gran respecto co pasado e a historia que alí se gardan.

Esta intervención supón recuperar unha parte do patrimonio histórico do Concello e a figura do artista ademais da edificación principal e auxiliar, de modo que volven ao seu aspecto orixinal mantendo as características e materiais.  Trátase da primeira casa-museo dunha pintora en Galicia e o primeiro museo no pobo de Curtis.

O alcalde do municipio, Javier Caínzos, mostrou a súa alegría por achegar a cultura ao rural e en concreto ao pobo de Curtis. Comentou que esta casa-museo ten e terá impactos significativos no pobo e en diversos aspectos da vida comunitaria, dende a preservación do patrimonio cultural ata o fomento do turismo, o desenvolvemento económico e educativo. Engadía o alcalde que un total de 476 persoas visitaron a casa-museo dende a súa apertura a finais de xullo e que se espera que as visitas continúen á alza como ata o de agora.

Pola súa banda, o deputado Rioboo subliñou que “a súa traxectoria e o seu amor por unha Galicia omnipresente na súa obra merecen un espazo como este: rehabilitado, pensado e minuciosamente deseñado para gozar en plenitude da súa obra. O lugar onde todo empezou, onde forxou a súa vocación e o seu gran talento artístico”

Ademais, o deputado quixo engadir que “Dans era unha adiantada ao seu tempo, e tamén por iso é tan loable o seu traballo, xa que expresa as dificultades polas que pasaban miles de galegas e reivindica unha loita polos dereitos civís das mulleres que non estaba tan vixente no século pasado”.