Curtis impulsa un club de lectura

ACoruñaXa
O Concello anima a que todos os interesados en participar se inscriban antes do 15 de febreiro sen importar a idade
Club de lectura (1)
Club de lectura (1)
1 feb 2024

A área de Cultura do Concello de Curtis impulsa un club de lectura co obxectivo de espertar a inquietude literaria entre os seus habitantes a través de encontros periódicos, nos que a imaxinación sexa o ingrediente principal para o desenvolvemento da actividade. Ademais de fomentar as relacións sociais entre os integrantes do club.

Todas as persoas interesadas en participar na actividade deberán inscribirse antes do 15 de febreiro na Casa da Concello en Teixeiro, na oficina municipal de Curtis ou chamando aos teléfonos 981 789 003 e 981 777 105.

En canto ás idades para poder inscribirse, a concelleira de cultura, Julia Díez apuntaba que dende o Concello animan a que todos os interesados se inscriban na actividade e que unha vez remate o prazo para anotarse valoraranse as idades dos participantes e, se son dispares, intentarán facer grupos dentro do club.