Curtis impartirá durante maio e xuño unha formación para a comerciantes
O Concello de Curtis oferta unha formación para o comercio. A actividade, enmarcada no marco do proxecto “Modernización do Mercado de Curtis”, ten como obxectivo formar a persoas dedicadas á profesión de comerciantes e vendedores durante os meses de maio e xuño.
O alcalde do municipio, Javier Caínzos, anunciou que a formación vaise desenvolver no Recinto Feiral de Curtis en horario de 14.30 a 17.00h.
Os cursos estarán divididos en catro sesións nos que se abordarán: trámites administrativos para o pequeno comercio, orientación do pequeno negocio nas TIC's, Branding e Marca Persoal para o pequeno negocio e Marketing Dixital.
Os interesados xa poden inscribirse na Casa do Concello en Teixeiro, nas oficinas municipais de Curtis ou chamando ao 981 777 105 ou no 981 789 003.
Esta acción enmárcase dentro do proyecto “Modernización del Mercado de Curtis”, unhas actuacións subvencionadas por resolución da Secretaría do Estado de Comercio, en base á línea de axudas para o apoio da actividade comercial en zonas rurais, o ano 2022, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – Next Generation EU.