Curtis elimina a taxa aplicable á hostalaría nas terrazas

Na mañá de hoxe realizouse unha sesión plenaria extraordinaria na que se aprobou por unanimidade unha medida de apoio á hostelería do municipio.
Trátase da supresión da taxa aplicable a terrazas, deste xeito os locais poderán empregar chan público para a utilización de terrazas sen necesidade de pagar unha taxa. Desta maneira, o expediente sométerase a exposición pública por un prazo de 30 días e, no caso de que non se presenten alegacións publicarase o acordo definitivo no BOP. Unha vez publicado o acordo os propietarios deben solicitar este espazo no Concello especificando os metros a empregar.
Na sesión tamén se realizou o sorteo de membros de mesa para as Eleccións ao Parlamento Europeo 2024.