Curtis continúa coas actividades formativas aos seus comerciantes

ACoruñaXa
O obxectivo é formar aos comerciantes en materia de competencias dixitais e identidade de marca
Imaxe da formación dirixida aos comerciantes de Curtis
27 Maio 2024

O Concello de Curtis continúa formando a comerciantes do municipio en competencias dixitais.

O pasado venres realizouse a segunda sesión do programa de formacións que está a ofertar o Concello de Curtis a través da liña de axudas para o apoio da actividade comercial en zonas rurais no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea, Next Generation EU.

Neste segundo obradoiro impartiuse o curso 'Como orientar o meu pequeño negocio nas TIC´s'. A formación estase desenvolvendo no Recinto Feiral de Curtis en horario de 14:30 a 17:00 horas.

Realizaránse outras dúas sesións sobre Branding e Marca Persoal para o pequeno negocio e Marketing Dixital nas vindeiras semanas.

0.17537617683411