Curtis celebra a V Feira Exposición Playmobil cunha gran resposta de público

ACoruñaXa
O Recinto Feiral reuniu a familias e afeccionados de toda Galicia e doutros puntos de España, nunha edición con máis expositores e entrada de balde
CURTIS feira playmobil
4 Nov 2025

O Recinto Feiral de Curtis acolleu esta fin de semana a V Feira Exposición Playmobil, unha cita que volveu converter o municipio nun punto de encontro para amantes dos clicks de toda Galicia e doutras comunidades. O evento, organizado co apoio do Concello de Curtis e en colaboración coa Asociación Galega de Coleccionistas de Clicks (Playmogalicia), ofreceu unha ampla mostra de dioramas, coleccións temáticas e postos expositores que fixeron as delicias de público de todas as idades.

Segundo a organización, a afluencia foi moi elevada, consolidando a feira como unha das propostas máis agardadas no calendario cultural e de lecer local. Nesta quinta edición sumáronse novos expositores procedentes de distintos puntos de España, o que ampliou a variedade de pezas e escenas e elevou a calidade da exposición.

A entrada de balde facilitou que centos de visitantes gozasen dun ambiente familiar, creativo e participativo. Entre maquetas, recreacións históricas e escenas fantásticas, Curtis reafirmou o seu papel como referente galego para a comunidade coleccionista, demostrando que a paixón polo universo Playmobil segue en plena forma.

⚙ Configurar cookies
0.074415922164917