Curtis ampliará as súas instalacións deportivas en Teixeiro

ACoruñaXa
A adquisición de dúas novas parcelas permitirá mellorar as zonas de ocio e responder á demanda veciñal
Imaxe das novas parcelas en Teixeiro do Concello de Curtis
9 Nov 2024

O Concello de Curtis realizou unha importante inversión coa compra de dúas parcelas contiguas ás instalacións deportivas municipais de Teixeiro, cun total de 5.229 metros cadrados, por un importe de 90.000 euros. Estas parcelas sitúanse preto da piscina municipal, das pistas multideporte, do ximnasio, da escola infantil Galiña Azul, e doutras infraestruturas deportivas e educativas.

O alcalde, Javier Caínzos, destacou que esta adquisición permitirá ampliar a zona de ocio e mellorar os servizos deportivos para adaptarse ás necesidades crecientes da poboación. Segundo indicou Caínzos, esta inversión responde á vontade do goberno local de continuar atendendo as demandas e mellorando o benestar dos veciños.

0.18946290016174