Curtis adxudica as obras do parque infantil de Teixeiro

ACoruñaXa
As obras comezarán en breve co obxectivo de que se finalicen o antes posible e poder disfrutar do mesmo no período vacacional
Imaxe do parque infantil de Teixeiro
21 Xul 2024

O Concello de Curtis adxudicou o acondicionamento do parque infantil de Teixeiro “Mestres Amparo Beleda -Manuel Chaín” cun importe de 121.424,38 euros.

As obras consistirán na renovación da área no seu conxunto, incluindo as superficies e os elementos de xogo e nun aumento da oferta lúdica con respecto á existente tanto en número como en tipoloxía de elementos.

As obras comezarán en breve co obxectivo de que se finalicen o antes posible e poder disfrutar do mesmo no período vacacional.

0.1965811252594