Cullleredo organiza o Campamento de Semana Santa 'Cullerolimpíadas'
O Concello de Culleredo organiza un ano máis unha nova edición do Campamento de Primavera, que neste 2024 terá como elemento central os Xogos Olímpicos. Deste xeito, as 'Cullerolimpíadas' desenvolveranse durante os días de Semana Santa, concretamente o 25, 26 e 27 de marzo e o 1 de abril no CEIP Vila de Rutis en horario de 9.00 a 14.00 horas.
O campamento está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos que estean matriculados en Educación Infantil ou Primaria e ofértanse un total de 100 prazas e terán preferencia aquelas persoas empadroadas en Culleredo.
O proceso de inscrición comezará este luns, 4 de marzo, e terminará o venres 8 do mesmo mes. As persoas interesadas en apuntar aos seus fillos e fillas terán que facelo a través dun formulario que se habilitará o luns na páxina web municipal, onde tamén poderán atopar as normas do campamento e información complementaria.
O custo do campamento, dos servizos adicionais e bonificacións son os que se recollen nos prezos públicos vixentes:
- Campamento: 21 euros para empadroados/as e 42 para non empadroados/as.
- Servizo de comedor (de 14.00 a 16.00 horas): 29 euros.
- Servizo de almorzo (de 7.30 a 9.00 horas): 12,50 euros.
- Bonificacións: 50% por persoa para familias numerosas e 20% no/a segundo/a fillo/a de familias non numerosas.
- Tarifa especial: requirirase informe do/a traballador/a social de referencia.
A Conselleira de Cultura, Penélope López, subliñou que “ademais de ofrecer un servizo de conciliación durante a Semana Santa, brindamos aos nenos e nenas de Culleredo a posibilidade de pasar unhas vacacións diferentes e divertidas, con actividades vinculadas a un evento tan especial como os Xogos Olímpicos. Ademais, estarán rodeados doutros nenos e nenas, axudando a desenvolver as súas habilidades sociais”.