Culleredo premia as mellores decoracións de Nadal no comercio e na hostalería local

ACoruñaXa
Os concursos impulsados polo Concello buscan dinamizar o tecido empresarial e incentivar a participación veciñal con premios para negocios e votantes
Escaparates Nadal Culleredo
26 Dec 2024

O Concello de Culleredo celebra o Nadal organizando dous concursos dirixidos ao comercio e á hostalería local, co obxectivo de dinamizar o tecido empresarial do municipio nestas datas festivas. As iniciativas buscan recoñecer os negocios con mellor decoración e incentivar a participación da veciñanza a través de votacións con premios.

No V Concurso de Escaparatismo de Nadal, 56 establecementos comerciais decoran os seus escaparates con motivos de Nadal para competir polos premios. Os veciños poden visitar a galería de fotos dispoñible na seguinte páxina web e votar pola súa favorita. Os escaparates con máis votos recibirán premios de 500, 300 e 200 euros, respectivamente.

Por outra banda, o I Concurso de Ambientación de Nadal na Hostalería Local, que se celebra por primeira vez, anima aos bares e restaurantes a unirse ao espírito navideño. Este ano participan 15 establecementos e, ao igual que no concurso de escaparates, as fotos das súas ambientacións están dispoñibles na seguinte ligazón para ser votadas. Os tres locais máis votados levarán 300, 200 e 150 euros en premios.

Os veciños que participen na votación tamén serán premiados. Cada concurso sorteará 20 vales de compra de 50 euros cada un, que deberán ser utilizados nalgún dos establecementos participantes.

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, destacou que esta iniciativa forma parte do programa de dinamización local do Concello durante o Nadal. “Culleredo conta cun comercio e unha hostalería variada e de calidade, e estas accións buscan apoialos nestas datas tan especiais”, afirmou.

0.16644811630249