Culleredo ofrecerá a obra de teatro ‘Cartas da muller ausente’ este sábado

ACoruñaXa
O espectáculo, con entrada libre, será no Auditorio de O Burgo e está dirixido a un público adulto
Imaxe do cartel de 'Cartas da muller ausente'
2 Out 2024

O Concello de Culleredo ofrecerá este sábado, 5 de outubro, a representación da obra de teatro ‘Cartas da muller ausente’, interpretada polo grupo Ditirambo Teatro Coruña. O espectáculo terá lugar no Auditorio de Servizos Múltiples de O Burgo ás 20.00 horas, e a entrada será de balde ata completar aforo, sen necesidade de reserva previa.

A obra, dirixida e escrita por Lola Roel, está pensada para un público adulto e conta cun reparto de actores formado por Paula Badrán, Iago Rego e Loli Fernández.

Esta actuación está incluída no programa municipal 'Culleredo en Escena', que durante o mes de outubro ofrecerá unha variada programación cultural pensada para todos os públicos, consolidando a aposta do concello por promover as artes escénicas na comunidade.

0.17830801010132