Culleredo licita o servizo de xardinaría por 2,19 millóns con máis persoal, áreas e melloras

ACoruñaXa
O Concello aposta polos hortos urbanos xestionados por un centro especial de emprego e reforza o mantemento de campos de fútbol e mobiliario
Imaxe do xardín botánico de Culleredo
10 Dec 2024

O Concello de Culleredo abriu a licitación do servizo de xardinaría e mantemento de zonas verdes, un dos máis urxentes de renovar tras o cesamento da anterior adxudicataria, que provocou a case paralización das tarefas en áreas clave como o paseo marítimo e O Burgo.

O novo contrato, cun orzamento de 2.192.889,89 euros, terá unha duración inicial dun ano e será publicado no Diario Oficial da Unión Europea. Este proxecto prevé un incremento de recursos humanos, superficies e tarefas, alcanzando os 41 operarios para coidar 592.632,44 metros cadrados de zonas verdes, adaptando o servizo ás necesidades actuais.

Un dos lotes destacados é o dos hortos urbanos, cuxa xestión recaerá nun centro especial de emprego de iniciativa social, que realizará tarefas agrícolas, limpeza e mantemento. Ademais, o contrato inclúe o coidado do mobiliario urbano, campos de fútbol naturais e artificiais, e un programa de tratamentos fitosanitarios fronte a pragas como o picudo vermello e a procesionaria do piñeiro.

O alcalde, José Ramón Rioboo, amosou o seu apoio aos traballadores da anterior concesionaria e destacou a axilidade na preparación desta licitación para garantir un servizo de calidade e moderno para Culleredo.

0.16868495941162