Culleredo inaugura o Ciclo de Teatro Amador ‘III Cita’ con funcións semanais ata decembro
O Concello de Culleredo deu comezo o pasado domingo, 27 de outubro, ao ‘III Cita’, o Ciclo de Teatro Amador, organizado en colaboración con Feteagal e Escena Amateur. A primeira obra, Escándalo’s Club, da man de Esteta Teatro, foi a encargada de inaugurar o programa no Auditorio do Edificio de Servizos Múltiples de O Burgo. Durante as próximas semanas, o público poderá gozar dunha obra cada sábado ás 20:30 horas.
Este ciclo, que se estenderá ata o 7 de decembro, ofrecerá un total de sete representacións de teatro amateur de alta calidade, con grupos procedentes de Galicia e Asturias. As funcións serán gratuítas e non se require reserva previa para asistir.
O sábado 2 de novembro será a quenda do Grupo Selena, compañía asturiana que representará a obra Los Ángeles de Chari, unha comedia que promete captar o interese do público.