Culleredo inaugura a exposición 'Pensarte era solo arte' no marco do 8M
O Concello de Culleredo puxo en marcha esta xoves pola tarde a programación do 8M, xornada na que se conmemora o Día Internacional da Muller, coa inauguración da exposición 'Pensarche só era arte', da artista local Lucía Valeiras.
Á inauguración do evento acudiron a tenente de alcalde e concelleira de Educación, Cristina Pardo; a concelleira de Cultura, Penélope López; a edila de Cohesión Social, Marta Figueroa, a propia autora e veciñas e veciños que quixeron ver a exposición por vez primeira.
A exposición de arte poderase contemplar de maneira completamente gratuíta ata o 31 de marzo, no Xardín Botánico do Burgo, Aula de Natureza Juan Lembeye, os mércores, xoves e venres de 18.00 a 21.00 horas; e os sábados de 11.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas.
Ademais, dentro do marco do Día da Muller este venres haberá en Culleredo ás 12.00 horas un encontro feminista no que participarán diferentes representantes das asociacións locais que traballan con diversos colectivos: Alcer, Alma, Mestura, ANHIDA, TP Galicia, Asociación Nacional de Presenza Xitana e As Berenguelas.