Culleredo impartirá o curso de 'Operacións básicas de restaurante e bar'

ACoruñaXa
Os interesados en participar deberán figurar como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia
Operacións básicas de restaurante e bar
7 Feb 2024

O Concello de Culleredo impartirá o certificado de profesionalidade de 'Operacións básicas de restaurante e bar', que está previsto que se desenvolva a partir do mes marzo no Centro Municipal de Formación 'Pablo Picasso'. A formación terá unha duración total de 308 horas.

Os interesados en participar deberán estar rexistrados ou rexistradas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia. Deberán enviar, o máis axiña posible, os seus datos persoais ao correo electrónico laboral@culleredo.es, indicando no asunto de correo: CANDIDATO/A CURSO DE RESTAURANTE-BAR.

Aqueles interesados en obter máis información poden acudir ao Centro Municipal de Formación e Emprego 'Pablo Picasso', ubicado na rúa Antonio Machado no Burgo ou charmar aoteléfono 981 66 42 04.

 

0.18947100639343