Culleredo continua co 'Cullerchef’, o programa de cociña saudable para cativos de 6 a 12 anos

ACoruñaXa
A actividade celebrouse onte á tarde no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, e será así todos os martes ata o 18 de xuño
Imaxe do programa 'Cullerchef' de Culleredo
17 Abr 2024

O Concello de Culleredo continuou este martes, e tras estrealo hai unha semana, unha nova edición dun dos seus programas para nenas e nenos do municipio que máis éxito tivo nos últimos anos: o ‘Cullerchef’, un taller de cociña saudable para menores de 6 a 12 anos.

Nesta edición, cubríronse as 30 prazas dispoñibles practicamente ao momento da apertura do prazo de inscrición, e a actividade celebrarase no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo todos os martes desde hoxe, 9 de abril, e ata o 18 de xuño.

Hai dous grupos, de 15 persoas cada un, e os horarios serán de 17.00 a 18.30 horas para o primeiro, e de 19.00 a 20.30 horas para o segundo. O ‘Cullerchef’ naceu no ano 2018 cun obxectivo claro: achegarlles ferramentas aos máis pequenos e pequenas para aprender a cociñar dunha maneira sa, axudándolles a diferenciar que produtos son os de mellor achega nutricional, á vez que se divirten elaborando as súas creacións.

Durante o confinamento, a Administración local quixo darlle continuidade ao ‘Cullerchef’ mediante vídeos nos que a profesora responsable do programa explicáballes ás nenas e nenos do municipio unha receita cada semana.

Durante a actividade, estivo presente acompañando ás nenas e nenos, a concelleira de Educación, Penélope López. Estivo cos nenos e nenas Judith, de EcoTerra, unha tenda de produtos ecolóxicos do Burgo. Ademais,  puido comprobar en primeira instancia como elaboraron ata tres tipos de madalenas, elaboradas con avea e chocolate, espelta e millo, e as de trigo, ademais de granola caseira.

0.16607809066772