Culleredo concede axudas a 75 familias que utilizan comedores escolares xestionados fóra da Xunta

ACoruñaXa
O Concello lanzará unha nova convocatoria nos vindeiros días
Casa do Concello de Culleredo
7 Xuño 2024

O Concello de Culleredo publicou este xoves a relación definitiva de axudas concedidas a escolares que acoden a comedores non xestionados pola Xunta de Galicia e por tanto non poden optar ás axudas autonómicas. Son un total de 75 bolsas as outorgadas pola administración municipal.

A listaxe de beneficiarios está publicado na sede electrónica. Agora, e como marca o trámite administrativo, ábrese un prazo de 10 días hábiles, contados desde mañá, para a aceptación ou renuncia ás axudas.

O Concello de Culleredo publicará nos próximos días unha nova convocatoria desta liña de axudas. A iniciativa impulsada polo goberno local busca favorecer a estas familias que carecen da subvención da administración galega.

As axudas diríxense ás as etapas de educación infantil e primaria. Para a valoración das solicitudes seguíronse criterios de renda da unidade familiar, problemas de incompatibilidade horaria das persoas proxenitoras, e situación sociofamiliar, entre outros.

Cada beneficiario recibe, como media, unha axuda que rolda os 800 – 1.000 euros. A contía reservada polo Concello foi de 125.000 euros.

A concelleira de Benestar Social, Marta Figueroa, sinala que coa medida búscase “apoiar o acceso aínda ben esencial para todas e todos os veciños”.

 

 

0.14091897010803