Culleredo celebra que a Xunta atenda a reclamación de seguridade viaria no IES Rego de Trabe

ACoruñaXa
A Xunta de Galicia atende a demanda de mellora viaria no IES Rego de Trabe tras anos de reclamacións da comunidade escolar e do Concello de Culleredo
Imaxe do IES Rego de Trabe en Culleredo
8 sep 2024

O Concello de Culleredo celebra que a Xunta de Galicia atendera a súa demanda de mellora da seguridade viaria nos accesos ao IES Rego de Trabe, situado en Acea de Ama. Trátase dun centro ao que acoden a diario, durante o curso escolar, centos de estudantes, que precisan medidas para protexelos fronte ao tráfico rodado.

A situación agravouse coa división do IES acometida pola Consellería de Educación no 2020, que trasladou parte da docencia ás instalacións da Universidade Laboral, o que obrigaba ao alumnado a cruzar a estrada.

A mellora foi reclamada insistentemente pola comunidade escolar e polo goberno municipal. Así, a administración autonómica está agora a executar as obras, que consisten na creación de beirarrúas e sinalización no entorno do instituto.

A primeira tenente de alcalde e concelleira de Educación, Cristina Pardo, espera que a actuación “resolva a problemática trasladada de forma repetida nos últimos anos”. A edila sinala que estará atenta ao resultado, en coordinación coas familias, para lograr que o alumnado do IES Rego de Trabe dispoña dun acceso seguro.

0.10348606109619