Culleredo arranca o Entroido cunha festa para os maiores, antesala de máis celebracións

ACoruñaXa
A xornada estivo marcada polo baile, os disfraces e as tradicionais larpeiradas
maiores-culleredo
1 Mar 2025

O Concello de Culleredo deu o pistoletazo de saída á súa programación especial de Entroido cunha animada festa para os maiores en O Noso Lar. A xornada estivo marcada polo baile, os disfraces, as tradicionais larpeiradas e un ambiente festivo no que a diversión foi a protagonista.

As celebracións continuarán, o sábado 1 de marzo, co Entroido infantil no polideportivo de Vilaboa, onde os máis pequenos poderán gozar de xogos, música e sorpresas.

A partir do domingo, as festas estenderanse aos distintos centros sociais do municipio, levando o espírito do Entroido a todos os recunchos de Culleredo. O luns será a quenda dunha das citas máis agardadas, o tradicional Entroido Choqueiro de Veiga, que encherá as rúas de cor e desenfado coas típicas máscaras e disfraces improvisados.

Culleredo prepárase así para uns días de celebración nos que a tradición e a diversión irán da man, consolidando o seu Entroido como unha das festividades máis esperadas do ano.

⚙ Configurar cookies
0.15974092483521