Culleredo aproba un suplemento de crédito de 499.000 euros para pagar facturas pendentes

ACoruñaXa
O PSOE obtén o apoio de PP e Alternativa para o suplemento, mentres que o BNG vota en contra e presenta emendas que son rexeitadas
Imaxe do pleno de Culleredo do 9 de agosto de 2024
9 Ago 2024

O pleno extraordinario celebrado hoxe no Concello de Culleredo deu luz verde ao suplemento de crédito de 499.283,08 euros destinado ao pagamento de facturas pendentes correspondentes ao ano 2023. A proposta contou cos votos favorables do PSOE, as abstencións do PP e Alternativa, e o voto en contra do BNG.

Os gastos afectados inclúen áreas como cultura, educación, deporte e servizos. Entre as facturas a abonar atópanse os custos de mantemento de instalacións deportivas e educativas, as instalacións eléctricas para festas patronais, así como actuacións musicais e teatrais e actividades infantís.

A concejala de Facenda, Marta Iglesias, asegurou que todos os procesos seguen as estipulacións dos técnicos e habilitados nacionais, lembrando que a proposta se levaba ao pleno en base ao criterio da interventora do ano pasado. O alcalde, José Ramón Rioboo, destacou a necesidade de contar cun interventor a xornada completa e apoia a proposta de Alternativa para a creación da figura de viceintervención.

O pleno abordou dous puntos. O primeiro foi a incorporación de crédito procedente do remanente de tesourería, que incluíu unha emenda proposta por Alternativa dos Veciños. Esta emenda foi aprobada co apoio do PSOE, PP e Alternativa, mentres que o BNG se abstivo.

O segundo punto tratou do recoñecemento extraxudicial das obrigacións. A emenda do BNG para deixar o punto sobre a mesa e recorrer á Xunta foi rexeitada, cunha votación final que contou cos votos a favor do PSOE, as abstencións do PP e Alternativa, e os votos en contra do BNG

0.18856692314148