Culleredo acollerá o Festival Castelo Conta do 19 ata o 25 de agosto

ACoruñaXa
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude,, López Campos refírese ao festival Castelo Conta "como unha gran festa para celebrar as nosas raíces, a nosa lingua e a nosa cultura"
Imaxe da presentación do Castelo Conta
Imaxe da presentación do Castelo Conta
10 Xul 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado polo director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou hoxe na presentación da IX edición do Festival Castelo Conta ao que o representante de Cultura da Xunta se referiu “como unha gran festa para celebrar as nosas raíces, a nosa lingua e a nosa cultura”.

No acto, celebrado no campo da Capela de San Ramón, en Culleredo, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude agradeceu a implicación de profesionais como o actor Xosé Antonio Touriñán, “por impulsar unha iniciativa que valora a nosa tradición oral e traballa pola súa conservación ofrecendo unha programación singular e diversa”.

A IX edición do Festival Castelo Conta, que se celebrará en Culleredo desde o día 19 ata o 25 de agosto, acollerá actuacións musicais, de artes escénicas, de recuperación da tradición oral, actividades infantís, proxeccións audiovisuais, romarías e citas gastronómicas. En total 62 actividades para todos os públicos ao pé do Monte Xalo.

O titular de Cultura da Xunta tamén destacou que citas coma esta están enmarcadas dentro da programación do CulturON que promove o Goberno galego, con máis de 30 actividades cada día, en máis de 200 concellos de toda a Comunidade. Entre os plans culturais que se ofertan atópanse propostas infantís, festivais, música, novo circo, teatro, exposicións ou danza, un amplo abano de iniciativas para todos os gustos e idades que se desenvolverán durante esta tempada estival.

Este festival está comprometido con iniciativas solidarias e de protección do medio ambiente, como a limitación de plásticos dun só uso, ou a promoción de xornadas relacionadas coa plantación de especies no Monte Xalo, en colaboración coa Comunidade de Montes Veciñais de Castelo ou coa ONG Ecos do Sur, que traballa no campo da integración social.

Programación: 

Luns 19 de agosto

Xente Miúda (10.00 - 14.00 h, Folgueira): Actividades para nenos centradas na natureza con Iria do Castelo.

Vermús na Taberna (14.00 h, Folgueira): Casa Rodríguez reabre con a chef Bea Sotelo e música de Alana.

Contos de Castelo (17.00 h, Eira de López, Castelo de Abaixo): Charla sobre cine e fotos antigas con Miguel de Lira e Federico Pérez.

Presentación de +Cuñados con Touriñán. Seráns nas Aldeas (20.30 h, Eira de López, Castelo de Abaixo): Continuación de +Cuñados.

Seráns nas Aldeas (22.00 h, Eira de López, Castelo de Abaixo): Pequeno concerto de Lamatumbá.

Martes 20 de agosto

Xente Miúda (10.00 - 14.00 h, Folgueira): Obradoiros para nenos sobre o coidado da natureza.

Vermús na Taberna (14.00 h, Folgueira): Chefs Lolo Mosteiro e Paula Domínguez con música electrónica de Eris Mackenzie.

Contos de Castelo (17.00 h, Vilaverde): Con Xosé Ramón Gayoso.

Seráns nas Aldeas (20.00 h, Vilaverde): Regueifando en Castelo: festa e revolución.

Seráns nas Aldeas (21.30 h, Vilaverde): Concerto de Tiruleque.

Mércores 21 de agosto

Xente Miúda (10.00 - 14.00 h, Folgueira): Obradoiro de cociña con Manuel Domínguez, chef do Restaurante Lúa.

Vermús na Taberna (14.00 h, Folgueira): Demostración de tapas con Manuel Domínguez e música de Comando Curuxás.

Contos de Castelo (17.00 h, Eira do Ferrador, Xalo): Con María Meizoso.Seráns nas Aldeas (19.30 h, Eira do Ferrador, Xalo): Máis saaabor! cos chefs Fran Rei e Félix Rodríguez.

Seráns nas Aldeas (21.00 h, Eira do Ferrador, Xalo): Estrea do documental ‘Mulleres de Castelo’.

Seráns nas Aldeas (22.00 h, Eira do Ferrador, Xalo): Maricarme.

Xoves 22 de agosto

Xente Miúda (10.00 - 14.00 h, Folgueira): Obradoiros sobre a natureza e a visita de De Vilatriste a Vilalegre.

Vermús na Taberna (14.00 h, Folgueira): Con Damián Paris e Lontreira.

Contos de Castelo (17.00 h, Folgueira): Con Marta Otero Mayán.

Seráns nas Aldeas (19.30 h, Folgueira): Muiñada con Tone Martínez e Alba Bermúdez.

Castelo Arre ou Show (22.00 h, Polideportiva): Espectáculo con Tamar Novas, David Amor, David Perdomo, Patricia Castrillón, Isabel Garrido, Manuel Cortés e Xosé A. Touriñán.

Música (00.00 h, Polideportivo): Boyanka Kostova.

Venres 23 de agosto

Xente Miúda (10.00 - 14.00 h, Folgueira): Visita de Xurxo Carreño e presentación do traballo infantil, seguido dun xantar e o concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona.

Concerto Infantil (13.30 h, Polideportivo): Uxía Lambona e a Banda Molona.

Vermús na Taberna (14.00 h, Folgueira): Con Kike Piñeiro e música de crnds.

Contos de Castelo (17.00 h, Monte Xalo): Con Xaime Fandiño.

Seráns nas Aldeas (19.30 h, Monte Xalo): Castelo Conta Poetry Slam.

Os Concertos do Castelo Conta (21.00 h, Polideportiva): Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Sés, Dios ke te crew e Peter Sélek.

Sábado 24 de agosto

O Día Grande do Castelo Conta (13.00 - 21.00 h, Castelo): Xantar, andaina e cea.

A Noite de Monólogos do Castelo Conta (23.00 h, Polideportivo): Noite de monólogos.

Domingo 25 de agosto

Romaría do San Ramón (10.00 - 19.30 h, Folgueira): Alborada do San Ramón con pulpeira, ruta e exposición de coches clásicos, e sesión vermú coa Orquesta Sinfonía.

0.18671202659607