Culleredo abre un espazo de debate para reforzar a defensa do ensino público

ACoruñaXa
A convocatoria, impulsada pola Anpa Rosalía de Castro Tarrío dentro de 'Ensino en Loita', celebrarase este mércores 15 de abril ás 18.00 horas no Edificio de Servizos Múltiples como unha asemblea aberta e mesa redonda con familias, docentes e alumnado
CULLEREDO ensino en loita 15 abril 2026
14 Apr 2026

Culleredo acollerá este mércores 15 de abril unha nova convocatoria en defensa do ensino público promovida pola Anpa Rosalía de Castro Tarrío. A cita será ás 18.00 horas no Edificio de Servizos Múltiples e preséntase como unha asemblea aberta dirixida a toda a comunidade educativa.

O encontro enmárcase na iniciativa 'Ensino en Loita' e terá formato de mesa redonda, coa participación aberta de familias, docentes e alumnado. O obxectivo é crear un espazo de diálogo no que compartir inquietudes, analizar a situación actual do ensino e sumar forzas arredor da defensa dun sistema público de calidade.

A mensaxe da convocatoria insiste na necesidade de unidade para avanzar nesa reivindicación. 'Un sistema educativo público e digno é posible, mais fai nos falta estar todas e todos unidos', sinala o cartel difundido pola organización, que anima á comunidade educativa a implicarse e facer oír a súa voz.

A reunión busca así converterse nun punto de encontro entre os distintos sectores vinculados á educación, nun momento no que o debate sobre os recursos e o futuro do ensino público segue moi presente. Con esta iniciativa, Culleredo súmase ás accións que reclaman máis apoio e compromiso co sistema educativo público.

0.11991500854492