Culleredo abre o luns a preinscrición para as Escolas Municipais Culturais e Deportivas 2024/2025
O Concello de Culleredo abrirá o vindeiro luns, 9 de setembro, o prazo de preinscrición para as Escolas Municipais Culturais e Deportivas do curso 2024/2025. A preinscrición poderá realizarse ata o 16 de setembro, e as listas de persoas admitidas publicaranse o 19. O sorteo público de prazas terá lugar o 25 de setembro.
O proceso de inscrición e matrícula poderá realizarse de dúas maneiras: por correo electrónico, enviando as fichas ao correo escolasmunicipais@culleredo.es, ou de forma presencial no Edificio de Servizos Múltiples, en horario de 9.00 a 14.00 horas. A matrícula definitiva formalizarase entre o 30 de setembro e o 7 de outubro. As clases comezarán o 21 de outubro de 2024.
O custo xeral por actividade e trimestre será de 25 euros para empadroados e 35 euros para non empadroados, con bonificacións dispoñibles para casos específicos.
O programa, dirixido tanto a persoas adultas como a nenas e nenos, ofrece unha ampla variedade de actividades culturais e deportivas. Entre as opcións dispoñibles atópanse bailes de salón, swing, pintura ao óleo, inglés, artesanía galega, patchwork, cociña infantil (Cullerchef), coro infantil, adestramento funcional, zoa, pilates, marcha nórdica, patinaxe, karate e psicomotricidade.
As actividades desenvolveranse en múltiples espazos do municipio, incluíndo a Sala Victoria Díaz Cabanela de Cordeda, o Centro Cultural de Almeiras, o Centro Cívico Virginia Blanco de Fonteculler, e varios polideportivos e centros sociais nas distintas parroquias de Cullere