Culleredo abre as portas do Nadal cun campamento educativo para facilitar a conciliación
O Concello de Culleredo pon en marcha unha nova edición do seu campamento de Nadal, baixo o título "Campamento de Nadal: Archeology Gate", co obxectivo de facilitar a conciliación das familias durante as vacacións escolares. A actividade está organizada pola área de Cultura, Educación, Deportes e Participación Cidadá.
O campamento, dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos matriculados en Educación Infantil ou Primaria, desenvolverase no CEIP Vila de Rutis os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro, así como o 2, 3 e 7 de xaneiro, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Ademais, ofrécense servizos complementarios de almorzo, de 7:30 a 9:00 horas, e de comida, de 14:00 a 16:00 horas.
O prazo de inscricións abrirase o luns 25 de novembro ás 9:00 horas e rematará o 29 de novembro ás 14:00 horas. O campamento contará con 100 prazas dispoñibles, dando prioridade ás persoas empadroadas en Culleredo que xustifiquen a necesidade de conciliación.
Toda a información sobre o programa e o formulario de preinscrición atópase dispoñible na web oficial do Campamento de Nadal.