Cruz Vermella A Coruña organiza o sábado a primeira andaina solidaria pola donación de sangue

ACoruñaXa
O alumnado do Centro de Formación de Cruz Vermella organiza o sábado 1 de xuño unha ‘andaina’ circular na zona da Mariña no Parrote que concluirá coa posibilidade de doar sangue nas unidades móbiles de ADOS
Imaxe do cartel da andaina de Cruz Vermella
27 Maio 2024

Unha soa bolsa de sangue pode salvar tres vidas. Por este motivo, o alumnado do Centro de Formación de Cruz Vermella na cidade da Coruña decidiu bautizar así a que será a primeira marcha solidaria pola doazón de sangue na cidade: ‘1 bolsa 3 vidas’.

Grazas á colaboración da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), a andaina terá lugar o vindeiro sábado, 1 de xuño, a partir das 11.00 horas na zona da Mariña no paseo do Parrote.

A andaina consistirá nun percorrido circular e con diferentes grupos de saída diferenciados polas cores das pulseiras. Neste sentido, a marcha discorrerá desde A Mariña ata a base de salvamento marítimo, xunto ao dique de abrigo, e regresará ao momento de saída, onde ADOS terá habilitadas unidades móbiles para quen se some á proposta do alumnado de Cruz Vermella doando sangue.

Ademais, co obxectivo de facilitar a doazón das familias, a Organización humanitaria levará a cabo diversas actividades dirixidas aos máis pequenos.

As inscricións, que teñen un custo de seis euros para as persoas maiores de 12 anos, poden realizarse de forma en liña a través do seguinte enlace e inclúen unha camiseta, unha pulseira e avituallamiento para os e as participantes. Todos os detalles están dispoñibles na devandita páxina web e no teléfono 981 169 163.

1BOLSA3VIDAS
0.19023394584656