Coruña extende o desconto do 60% do autobús a universitarios usuarios das liñas 12 e 12A

ACoruñaXa
A ampliación da rebaixa será efectiva dende o próximo luns 15 de abril, cun prezo de 0,15 no billete a través da App Millenium
Imaxe dun autobús urbano na Coruña
12 Abr 2024

O Concello da Coruña informa de que extenderá o desconto do 60% en vigor no perfil universitario para o billete do bus urbano a dúas novas liñas, de acordo coa política de promoción do transporte público impulsada polo Goberno de Inés Rey. A alcaldesa anunciou que a bonificación ampliarase ás liñas 12 (Os Rosales-CHUAC-Materno) e 12A (Ciudad Escolar-CHUAC-Materno).

A medida, en vigor desde o 3 de outubro do 2022 froito dun convenio de colaboración entre o Concello e a UDC para dous cursos universitarios, ten como obxecto de bonificación no perfil universitario a liña da UDC (Praza de Pontevedra-Elviña-UDC), xunto con outras dúas liñas. A liña 24 (Praza de Pontevedra - O Carón) e a 2A (Abente e Lago-Hospital de Oza e As Xubias). “Ampliamos o desconto a un total de cinco liñas, a da UDC e outras catro regulares, dando resposta a universitarios e universitarias residentes noutras zonas da cidade” explicou a alcaldesa.

Deste xeito, o billete custará 0,15 euros, prezo xa en vigor no resto de liñas do convenio de acordo con a bonificación do 60% universitario. O prezo complétase co 50% que o Concello vén aplicando xunto co Goberno de España desde xaneiro de 2023, dispoñible en todas as tarifas coa tarxeta Millenium. “Ese desconto é posible porque o Concello completa o 30% do Ministerio achegando o 20% con fondos municipais, necesario para poder obter dita bonificación e situando o prezo actual como o máis baixo da súa historia” lembrou a alcaldesa.

Inés Rey tamén sinalou que a rebaixa do prezo do autobús universitario é unha medida universal e pioneira na historia da UDC. “Todos o estudantado da UDC poden beneficiarse da bonificación nas liñas. Ate o momento, só existían bolsas anuais das que se beneficiaban uns 1.500 estudantes e que agora chega á práctica totalidade dos matriculados” concluíu a rexedora.

0.16295003890991