Cortes de tráfico o sábado pola tarde na estrada de acceso a Mera polo Tríatlon Concello de Oleiros

ACoruñaXa
Mentres se celebre a proba a estrada permanecerá pechada, desde a intersección de Lourido ata o parque da Lagoa
Imaxe da casa do Concello de Oleiros
21 Maio 2024

O vindeiro sábado 25 de maio celébrase o XXXIV Tríatlon Concello de Oleiros, no que competirán 200 deportistas. Para o desenvolvemento desta competición deportiva será preciso cortar o tráfico da estrada xeral de acceso a Mera (AC-173), entre as 16.00 e as 18.00 horas aproximadamente.

Mentres se celebre a proba a estrada permanecerá pechada, desde a intersección de Lourido ata o parque da Lagoa. Os vehículos que queiran dirixirse a Mera poderán facelo a través da vía Ártabra.

 

0.090054035186768