Cortes de tráfico nocturnos na AC-542 por Betanzos os días 28, 29 e 30 de outubro debido a obras

ACoruñaXa
As obras afectarán á glorieta e a súa contorna con desvíos habilitados para minimizar o impacto na circulación
Imaxe da AC-542 por Mesón do Vento
28 Out 2024

Na madrugada dos días 28, 29 e 30 de outubro, a Xunta de Galicia levará a cabo cortes de tráfico na estrada autonómica AC-542 ao seu paso por Betanzos, como parte das obras de mellora do firme que comezarán a partir da medianoche do luns, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan. As intervencións centraranse na glorieta situada no punto quilométrico 2+230 e na área circundante.

Os traballos inician na madrugada do domingo ao luns, entre as 00:00 e as 06:30 horas. Se non se logran completar na primeira xornada, as labores proseguirán na madrugada do luns ao martes. Para realizar as melloras necesarias na rotonda, será imprescindible cortar totalmente o tráfico entre os puntos quilométricos 2+260 e 2+350. Para mitigar o impacto na circulación, habilitaranse desvíos en varios ramais, incluíndo os accesos á autovía A-6 e ao polígono de Piadela.

No resto do tramo, as obras realizaranse cortando un único carril e facilitando o paso alternativo no outro, en horario de intervención entre as 22:30 e as 06:30 horas. Esta actuación forma parte dun contrato que busca renovar o firme en cinco estradas diferentes que percorren oito concellos da provincia da Coruña, cun investimento que supera os 2 millóns de euros.

Ademais da AC-542, as obras incluirán melloras en outras vías como a AC-136, AC-221, AC-230 e AC-934, que pasan polos concellos de Oza-Cesuras, Curtis, Oleiros, Sada, Cambre, Sobrado e Abegondo. O obxectivo global é reforzar a seguridade viaria e mellorar as características funcionais destas estradas, atendendo as necesidades de acondicionamento urxente.

 

0.18967318534851