Cortes de auga, mañá, en dúas rúas de Meicende por labores de mellora na rede de abastecemento

ACoruñaXa
O Concello de Arteixo solicita aos residentes de Meicende que tomen precaucións para evitar problemas nas súas instalacións e a perda innecesaria de auga durante o corte programado do servizo
rede-auga-grifo
4 sep 2024

O Concello de Arteixo notifica aos usuarios do servizo de abastecemento de auga que o xoves 5 de setembro, desde as 9.00 ata as 13.00 horas, o suministro de auga permanecerá cortado en Meicende. A interrupción afectará ás rúas Colombia e Perú, salvo imprevistos.

Durante este período, a administración municipal aconsella aos cidadáns que verifiquen que ningunha billa quede aberta para evitar perdas innecesarias de auga e posibles incidencias nas instalacións interiores ao restablecerse o servizo. Ademais, recoméndase non utilizar electrodomésticos como lavadoras ou lavalouzas para minimizar posibles problemas durante a interrupción.

O Concello de Arteixo pide desculpas por calquera inconveniente que esta interrupción poida causar e agradece a comprensión da veciñanza.

0.16345691680908