Convocada unha concentración o 29 de novembro na Praza Irmáns García Naveira por falta de profesorado no CEIP Francisco Vales Villamarín de Betanzos

ACoruñaXa
A comunidade educativa do centro, a través da ANPA Brigantium, pide á Consellería de Educación a incorporación urxente de mestres, especialmente de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe, ante a sobrecarga de aulas e as deficiencias nas ratio docentes
BETANZOS manifestación 2024 ceip villamarin
Concentración 2024
27 Nov 2025

A ANPA Brigantium do CEIP Francisco Vales Villamarín vén de convocar unha concentración para o vindeiro sábado 29 de novembro ás 12.00 horas na Praza Irmáns García Naveira de Betanzos. A chamada, promovida pola ANPA logo da negativa da Consellería de Educación a reforzar o cadro docente, busca denunciar a falta de profesorado necesario (máis mestres de Primaria, especialistas en PT e AL, e profesorado de apoio) para garantir o bo funcionamento do centro, onde estudan case 900 alumnos.

Segundo a xunta de nais e pais, a situación de 'sobrecarga nas aulas' é 'un problema máis que evidente', a pesar de que recentemente se abriron novas aulas para reducir as ratios. A ANPA reprocha á Administración 'desidia' e lembra que as demandas se levan repetindo durante anos sen resposta efectiva.

Sen embargo, a poucos días da convocatoria, o conselleiro de Educación visitou o colexio e defendeu que este curso contan 'con máis persoal docente para menos alumnos'. A rexedora municipal de Betanzos apoiou a mobilización, reclamando tamén melloras no servizo de comedor e un reforzo real dos recursos humanos.

A ANPA e o Concello alertan de que a demanda de profesorado e de atención especializada non é unha reivindicación puntual, senón un problema estrutural que afecta ao dereito a unha educación de calidade, especialmente para o alumnado que necesita atención adicional.

concentracion anpa brigantium
⚙ Configurar cookies
0.10524702072144