Convocada para este venres no Concello da Coruña á Comisión Especial da Fachada Marítima

ACoruñaXa
Francisco Jorquera, portavoz do BNG no Concello, convoca ao órgano municipal en condición de presidente para tratar a constitución dun consorcio para a xestión dos terreos da dársena interior e a proposta dun novo convenio
Imaxe do voceiro do BNG na Coruña, Francisco Jorquera
4 Apr 2024

O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, convoca para este venres 5 de abril, ás 10.00 horas, salón vermello do Pazo de María Pita, unha reunión da Comisión Especial da Fachada Marítima. Faino na súa condición de presidente deste órgano.

Na orde dos días, dous asuntos: as perspectivas para a eventual constitución dun consorcio para a xestión dos terreos da dársena interior liberados dos seus usos estritamente portuarios e a proposta dun novo convenio que substitúa o asinado en 2024.

O BNG defende o mantemento da titularidade pública dos terreos e que, por suposto, non se destine diñeiro público á compra de peiraos que xa son públicos. Ao mesmo tempo, o BNG entende que a constitución dun consorcio é necesaria para abordar a xestión deses terreos e que o convenio de 2004 -que prevía un pelotazo inmobiliario e que foi asinado polo daquela alcalde do PSOE Francisco Vázquez e o daquela conselleiro de Política Territorial Alberto Núñez Feijoo- ten que ser substituído por un novo documento.

De igual xeito, o BNG propugna que se negocie co Estado a condonación da débeda que pesa sobre a Autoridade Portuaria coruñesa pola construción dunha infraestrutura -a dársena exterior de Punta Langosteira- que foi decidida por un consello de ministros presidido por José María Aznar.
O segundo punto da orde do día é a proposta de comparecencias en futuras sesións desta Comisión Especial da Fachada Marítima.

 

0.18425583839417