Coñece a programación para o mes do Orgullo LGTBI+ na Coruña
ALAS A Coruña convida a toda a cidadanía a sumarse ás celebracións do Orgullo LGTBI+ 2024, cunha programación que combina actividades formativas, lúdicas e culturais. O sábado 1 xuño, e xunto coa Deputación da Coruña, darase o pistoletazo de saída cunha charla na Normal - UDC sobre o fenómeno do sexilio co comunicador Bob Pop. Ademais, dentro das actividades formativas impartirase na sede da asociación un obradoiro de estratexias para ligar a cargo de Boca a Boca Educación Sexual.
Como en anos anteriores, a programación do Orgullo de ALAS A Coruña reserva un lugar destacado para a cultura e a memoria LGTBI+ coa entrega dos XX premios Marcela e Elisa o 8 de xuño no Espazo Cultural Galgo Azul ou o cine fórum da película galardoada de tres Goyas e un oso de prata na Berlinale, 20.000 especies de abejas, o 14 de xuño no auditorio de Padrón.
A asociación fai incidencia os 365 días do ano na importancia do coidado da saúde sexual, é por iso que o 12 de xuño organiza unha xornada intensiva de probas rápidas de VIH e hepatite C de xeito anónimo e de balde no seu local. Nun plano xa máis de lecer, ALAS A Coruña en colaboración coa Fábula Café, anima a compartir un brunch solidario o 22 de xuño neste local de hostalaría.
Ao longo de todo o mes xuño, a asociación convida a toda a cidadanía a decorar fiestras e balcóns da cidade coas cores do Orgullo, compartindo as súas creatividades nas redes sociais baixo o hashtag #FachadaConFachenda.
O acto central do Orgullo será a manifestación do día 28 que percorrerá A Coruña e que anualmente congrega a milleiros de persoas defensoras dos dereitos humanos.
Programación completa:
- 1 de xuño: charla con Bop Pop ás 17.00 horas, baixo o titulo 'Maricón perdido: Marchar para ser'. A cita será no Paseo da Ronda, 47.
- 2 de xuño: charla 'Bioloxía da diversidade sexual' co etólogo e veterinario Óscar Beceiro ás 18.00 horas no localde ALAS A Coruña.
- 5 de xuño: taller 'Non sei ligar' ás 17.00 horas no local de ALAS A Coruña. As prazas serán limitadas polo que todo aquel interesado deberá reservar unha por Instagram en ALAS.
- 8 de xuño: serán os XX Premios Marcela e Elisa ás 12.00 horas en Galo Azul (na Avenida de Gramela, 16).
- 12 de xuño: III maratón de probas rápidas VIH e VHC de 10.00 a 14.00 horas no local de ALAS A Coruña. Será préciso reservar praza no teléfono 644 702 940.
- 14 de xuño: proxección de '20.000 Especies de abexas' ás 20.00 horas no Auditorio de Padrón (Campo do Souto, 2).
- 22 de xuño: Brunch solidario no Fábula Café da cidade (Rúa Alameda, 17).
- 26 de xuño: taller de pancartas previo á manifestación do Orgullo o 28 de xuño ás 17.30 horas no local de ALAS A Coruña.
- 27 de xuño: posto informativo de 11.00 a 13.30 horas e de 17.00 a 21.00 horas no Centro Comercial de Catro Camiños.
- 28 de xuño: celebración da Manifestación do Orgullo ás 19.30 horas na Praza de Ourense da Coruña.