Coñece a programación para este Nadal en Curtis e Teixeiro

ACoruñaXa
Os pobos de Teixeiro e Curtis dan a benvida ao Nadal cunha ampla programación chea de actividades festivas
Nadal en Curtis
3 Dec 2024

Os pobos de Curtis e Teixeiro están preparados para iluminar o Nadal con eventos máxicos que comezan o 6 de decembro. A programación inclúe encendidos de poboados, chocolatadas, panxoliñas e un animado mercado navideño, perfecto para compartir en familia.

O Nadal arranca en Teixeiro o 6 de decembro ás 19:00 horas coa inauguración do seu poboado de Nadal, evento organizado pola Asociación de Comerciantes local. Música e aperitivos darán o toque especial a esta cita imprescindible.

O día seguinte, 7 de decembro, será a quenda de Curtis. Ás 18:30 horas, as rúas encheranse de Cantos de Taberna con Panxoliñas, organizados pola Asociación Amigos de Curtis. Ás 20:30 horas, prenderanse as luces do poboado de Nadal no antigo solar de Telégrafos, seguido dunha chocolatada para todos os asistentes.

A programación continúa os días 14 e 15 de decembro co Mercado de Nadal en Curtis, organizado pola Asociación de Comerciantes en colaboración co Concello. O Recinto Ferial transformarase nun espazo máxico con atraccións infantís, zona lúdica, casetas decoradas e propostas gastronómicas locais.

Este Nadal, Curtis e Teixeiro ofrecen unha experiencia inesquecible para todas as idades, mesturando tradicións e diversión para celebrar estas datas tan especiais.

 

0.15737390518188