Comezan en Curtis as obras de rehabilitación da pista que discorre de Recareo a Portocelo

O Concello de Curtis informa do inicio das obras de ampliación do firme e mellora da capa de rodadura da pista de terra que discorre de Recareo a Portocelo.
As obras foron financiadas pola Conselleria de Medio Rural cun investimento de 48.000 euros.