Comezan as obras do túnel do aparcadoiro da Intermodal da Coruña

ACoruñaXa
Adif inicia o paso inferior de acceso ao futuro aparcamento, que dará servizo ás estacións de ferrocarril e autobuses e actúa sobre sobre a catenaria
Estación renfe Coruña
19 Mar 2024

Adif avanza nas obras da estación intermodal Coruña co inicio dunha nova fase. Trátase da construción do novo paso inferior de acceso ao futuro aparcamento, así como o desenvolvemento de traballos de catenaria.

Grazas ao paso inferior accederase ao futuro aparcamento, que dará servizo tanto á estación ferroviaria como á de autobuses, integradas na área intermodal da Coruña.

O paso subterráneo executarase cunha escavación do tipo cut and cover, que se realizará entre pantallas de pilotes, pechándose a estrutura cunha laxa superior, a modo de cubrición, e outra inferior, sobre a que se asintan as capas de firme.

A natureza dos traballos de construción do paso inferior obriga a restrinxir o uso do aparcamento actual da estación e tamén afectará o tráfico da Avenida do Ferrocarril, que se suprimirá, así como ao aparcamento da cidade, que verá reducido o número de prazas.

Paralelamente, iniciaronse traballos no sistema de electrificación (catenaria) en zonas próximas ás vías e desenvolveranse en horario nocturno (entre as 23.00 horas e as 05.00 horas) coa fin de compatibilizalas co tráfico ferroviario da estación. Para abordar esta fase, executaranse primeiro as cimentacións cilíndricas, sobre as que se izarán os postes que sosterán o sistema de catenaria sobre as vías.

Tamén, abórdase a reordenación de vías e plataformas, coa construción de parte da plataforma ferroviaria da nova configuración de vías e a plataforma 1: de feito, xa se efectuaron traballos de levantes de vías, ripados (desprazamento lateral) de vías e catenaria asociadas e a montaxe de novas plataformas técnicas, así como a demolición de edificacións e reposición de servizos.

Ademais, execútanse actuacións de sinalización, sistemas de protección de tren, control de tráfico centralizado (CTC) e comunicacións, que dotarán á estación da Coruña de novas instalacións de sinalización e comunicacións. En paralelo, realízanse as redes de drenaxe e servizos de saneamento.

Espérase que a remodelación e modernización da estación da Coruña, cun investimento superior aos 70 millóns de euros, converta a marquesiña histórica nun gran vestíbulo con zona comercial, unha vez retiradas as vías do seu interior, habilitando unha nova sala de embarque e reordenando as plataformas baixo unha nova cuberta.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17292094230652