Comezan as obras de mellora da accesibilidade na rúa Castaños, no Barrio das Flores da Coruña

ACoruñaXa
O obxectivo é crear un novo acceso peonil ata a rúa Castaños desde a avenida de Monelos
Imaxe das obras no barrio das Flores da Coruña
17 Xuño 2024

O Concello da Coruña iniciou a semana pasada as obras de mellora da accesibilidade na rúa Castaños, no Barrio das Flores. Estes traballos promovidos polo Goberno de Inés Rey forman parte das intervencións financiadas con fondos europeos Next Generation.

Os traballos atópanse ao abeiro do plan de melloras de accesibilidade que está a promover o Goberno local nos barrios da cidade. O obxectivo é crear un novo acceso peonil ata a rúa Castaños desde a avenida de Monelos.

Ademais, neste enclave está previsto dotar dun novo paso peonil que dea acceso ao bloque de vivendas da rúa Margaridas, a través da plataforma superior da rúa Castaños. Nos traballos levarase a cabo un investimento de 206.150,73 euros e o prazo de execución é de tres meses.

O Goberno de Inés Rey está a executar nestes momentos diferentes actuacións financiadas coa segunda convocatoria de fondos Next Generation. En total, trátase de 17 actuación que se desenvolven nos distintos barrios da cidade como Monte Alto, Os Mallos, Agra do Orzán, O Castrillón, Elviña, o Barrio das Flores, A Falperra, Eirís ou Agrela.

Entre as obras que se levarán a cabo están as melloras de accesibilidade previstas entre O Peruleiro e a rúa Barcelona, a instalación das escaleiras mecánicas que permitirán salvar o desnivel existente entre as rúas Adelaida Muro e Ángel Rebollo, as obras de reurbanización da avenida da Sardiñeira e as rúas Pla y Cancela, Padre Sarmiento e San Mateo; a construción de dúas novas rotondas entre a avenida de Fisterra e as rúas Gútenberg e Gambrinus; a instalación de dous novos ascensores na rúa Pintor Villar Chao e as obras para mellorar a accesibilidade na rúa Doutor Camilo Veiras, ante o Centro Oncolóxico Rexional. O abano de intervencións inclúe, tamén, diversas melloras de accesibilidade en once paradas de autobús da cidade. Ademais, xa a semana pasada, comezou a reordenación do cruzamento entre a rúa Bergondo e a avenida Casanova de Eirís, no Castrillón.

0.18734097480774