Comezan as obras de acondicionamento da senda fluvial do río Mandeo en Curtis
ACoruñaXa
A senda contará cun total de 2.820 metros, comezando a ruta na Ponte Marzá (Brixería) e finalizando no Azul de Morangueiros
5 Ago 2024
O Concello de Curtis informou de que xa comezaron as obras de acondicionamento da senda fluvial do río Mandeo financiadas por Sogama
Neste sentido, a Xunta de Galicia, a través da Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama), aportará un total de 145.350 euros para a financiación do acondicionamento da senda fluvial do río Mandeo ao seu paso polo Concello de Curtis.
A senda contará cun total de 2.820 metros, comezando a ruta na Ponte Marzá (Brixería) e finalizando no Azul de Morangueiros que abastece ao Polígono Industrial de Teixeiro.