Comeza o proceso de recuperación marisqueira da Ría do Burgo coa cesión de 55.000 unidades de ameixa babosa

ACoruñaXa
A iniciativa forma parte da estratexia da Consellería do Mar para incrementar a produtividade das rías e apoiar a sustentabilidade do sector
semente ameixa ria do burgo
5 Jul 2026

A Consellería do Mar, a través do Centro de Investigacións Mariñas de Galicia (CIMA), continúa apoiando a recuperación e o reforzo dos bancos marisqueiros coa cesión de semente de ameixa babosa para unha nova sementeira na ría do Burgo.

Deste xeito, as persoas mariscadoras pertencentes ás agrupacións da confraría, tanto na modalidade de marisqueo a pé como desde embarcación, distribuíron na zona da Baixada 55.000 unidades desta especie, cun peso aproximado de 25 quilos e un tamaño medio de 14 milímetros.

Os exemplares proceden da área de preengorde de semente no peirao do Vicedo, sendo producidos polo CIMA de Ribadeo. Esta cesión enmárcase no compromiso da Xunta coa rexeneración da produtividade das rías galegas e co apoio ao sector marisqueiro, mediante a produción e subministración anual ás confrarías e entidades do sector de moluscos bivalvos de calidade para reforzar os bancos marisqueiros e contribuír á sustentabilidade dos recursos. No 2025, este centro entregou máis de 2,1 millóns de unidades de semente.

0.13191509246826