Coirós reparte preto de 7.000 euros en axudas municipais para estudantes
ACoruñaXa
27 estudantes benefícianse de becas para material escolar e transporte no curso 2024-25
27 Dec 2024
O Concello de Coirós entregou hoxe preto de 7.000 euros en becas municipais destinadas a estudantes do municipio. Un total de 27 beneficiarios recibiu estas axudas, que teñen como obxectivo apoiar a adquisición de material escolar e cubrir gastos de transporte.
En concreto, 11 escolares de ensinanza obrigatoria recibiron en conxunto 1.750 euros, mentres que outros 16 alumnos de universidade, bacharelato, ciclos formativos e máster obtiveron 5.140 euros en axudas para transporte.
O acto de entrega tivo lugar no salón de actos do edificio de Servizos Sociais, coa presenza do alcalde Francisco Quintela, quen felicitou as festas aos asistentes e animou aos estudantes a continuar coa súa formación académica.