Coirós reparte preto de 5.000 euros en bolsas municipais para material escolar e transporte

O Concello de Coirós fixo entrega este mediodía das bolsas municipais para a compra de material escolar e para o transporte correspondentes ao curso 2025-2026. En total, beneficiáronse 20 estudantes do municipio, nun programa co que a administración local busca apoiar ás familias e facilitar a continuidade dos estudos.
Segundo detallou o Concello, nove escolares de ensino obrigatorio recibiron 1.225 euros en axudas destinadas á adquisición de material escolar. Pola súa banda, once estudantes sumaron 3.760 euros nas subvencións de transporte dirixidas a alumnado universitario, de bacharelato, ciclos formativos e máster.
A contía global repartida ascendeu a 4.985 euros. A entrega realizouse no salón de actos do edificio de Servizos Sociais e contou coa presenza do alcalde, Francisco Quintela, que aproveitou o encontro para felicitar as festas e animar a rapazada a seguir formándose.