Coirós organiza unha excusión a Padrón e Pontevedra polo 8M

ACoruñaXa
O prezo da excursión será de 20 euros por persoa e inclúe o transporte e a entrada ao Museo da Casa de Rosalía de Castro
Cartel da excusión do 8M do Concello de Coirós
Cartel da excusión do 8M do Concello de Coirós
17 feb 2024

O Concello de Coirós organiza a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil en Coirós unha excursión a Padrón e Pontevedra o vindeiro venres 8 de marzo.

Poderán participar na actividade todos os veciños e veciñas do municipio e será necesario inscribirse ata o 26 de febreiro no Centro Social.

O prezo da excursión será de 20 euros por persoa e inclúe o transporte e a entrada ao Museo da Casa de Rosalía de Castro. O diñeiro deberá ser abonado no momento de facer a inscripción ou por transferencia bancaria no número ES79 2080 0018 0531 1000 0252.  O itinerario do día será o seguinte:

  • 8.25: saída no bus dende o Centro Social.
  • 9.30: roteiro rosaliano por Padrón e visita á Casa Museo de Rosalía de Castro.
  • 14.00: xantar.
  • 16.00: saída a Pontevedra.
  • 19.00: regreso a Coirós.